3 de nov. de 2011

Os Coleitivos das Mocedades Comunistas nos 90

Pouco sabemos do estado em que se atopa a organizaçom de mocidade do Partido Comunista do Povo Galego, mas cremos que se limita a umha representaçom testemunhal. Agora bem, na altura em que se tirou o colante os CMC deviam ter umha maior implantaçom na Galiza, pois aínda militavam na organizaçom um importante sector que acabariam deixando os Colectivos e regressando à Esquerda Unida, da que marcharam. Porém os CMC sempre mantivérom a súa independência respecto aos CJC estatais ou ao PCPE. Anos 90. Tamanho original: 10x7,5 cm.
 

4 comentários:

  1. Ola amigo, os CMC (Colectivos da Mocidade Comunista) eran e son a organización do Partido Comunista do Povo Galego (PCPG), non do PCPE. Sempre mantiveron a súa independencia orgánica frente a outros colectivos españois como foi cos CJC. E siguen a ser a mocidade do PCPG, ESTATUTARIAMENTE tamén.
    Como saberás o PCPG é UNHA ORGANIZACIÓN INDEPENDENTE, tamén xuridicamente desde hai 20 anos. Se podes, rectifica esa información. Saúde do PCPG. http://www.pcdopg.blogspot.com

    ResponderExcluir
  2. Ah, deixamos aquí tamén os endereços das caixas de correios das dúas organizaçons:
    CMC: cmcmocidadepcpg@gmail.com
    PCPG: pcdopg@gmail.com
    Unha aperta
    PCPG

    ResponderExcluir
  3. Obrigado polas rectificacións e polo voso interese, irmáns.
    Nos CMC, pasamos por unha situación que non é comparável à que tinhamos nos tempos en que se editou este colante, aínda así estamos aquí dando testemunha. Trataremos de melhorar en todas as frontes (ben, sabemos por experiencia que é difícil, mas permitídenos ese desexo..). Tamén tentaremos informarvos do que vaiamos facendo e enviar algumha pegata-autocolante mais das que ainda nos quedan no arquivo.
    Apertas patrióticas e comunistas e parabéns pola vosa iniciativa.
    Viva Galiza Ceive e Socialista. República Socialista Galega ou morte!
    cmcmocidadepcpg@gmail.com
    pcdopg@gmail.com
    www.pcdopg.blogspot.com

    ResponderExcluir
  4. Os unicos CMC na Galiza que existen son os CJC-CMC, sendo a mocidade dos Comunistas da Galiza-PCPE.

    www.cmc-galiza.blogspot.com

    ResponderExcluir