28 de out. de 2011

O PCPG quando era o PCPE na Galiza

Nom sabemos o ano exacto ao que corresponde este 1º de Maio, mas naquela altura o PCPG que hoje integra plataformas autodeterministas era a filial galega do Partido Comunista dos Povos da Espanha. De facto, este mesmo modelo foi editado e assinado polo PCPE em outras partes do Estado. Primeira década de 2000. Tamanho original: 1/2 din A4 aprox. (20x14,5 cm.)
 

Um comentário:

  1. Camaradas, tan só un matiz importante, o PCPG nunca foi "filial do PCPE". Nós sempre exercemos como partido soberano e independente no papel de axente revolucionario de emacipación da clase obreira e de libertación nacional e social do povo galego. Outra cousa foron as relacións con determinados partidos, de coordenación e unidade de acción moi prolongada (época na que se fixo este colante: 2008, ano da ruptura co proxecto cada vez máis espanholizante do PCPE). Un tempo de acertos, erros e algumhas contradicións importantes pero sempre exercendo a nosa plena soberanía organizativa e mesmo xurídica. Viva Galiza Ceive e Socialista!!. A ver se vos enviamos algún colante máis actual.[PCPG]

    ResponderExcluir